Empresas TIC piden á Xunta un esforzo para achegar a Sociedade da Información a autónomos e micropymes

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 29 octubre 2008 20:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA 29 Oct. (EUROPA PRESS) -

A Asociación Galega de Empresas Tecnolóxicas e Comunicación (Agestic) considera necesario, na actual conxuntura de dificultades económicas, "apostar pola Sociedade da Información e o Coñecemento" e por que chegue a todos os colectivos de potenciais usuarios.

Nun comunicado, recomienza "un esforzo especial" dende a Consellería de Innovación cos autónomos e micropymes, posto que ademais de poñelos en mellores condicións de competir en situacións adversas, a dinamización deste colectivo activaría o mercado do software e do hardware en Galicia xerando negocio e postos de traballo nas empresas do sector TIC.

Agestic recoñece o labor que se está a facer tanto dende a Xunta coma dende as organizacións empresariais sectoriais e territoriais para estender a Sociedade da Información e conseguir o acceso ás TIC e internet dos autónomos e micropymes, pero advirte de que "na aplicación destas tecnoloxías polo tecido empresarial hai bastantes puntos débiles".

Apunta que se está a avanzar na implantación das infraestruturas de acceso, tanto por ADSL coma por cable, pero engade que "queda moito por facer, especialmente no medio rural, onde fai falta empurrar ás operadoras a que dean servizo" e que este se considere como un dereito universal, "non como favor, tal e como sucede actualmente".

Ademais, admite que se mellorou no uso das TIC e da rede por parte de este colectivo, pero alerta de que "a brecha dixital se mantén entre os autónomos maiores de 50 anos e os situados en pequenas localidades do rural galego", especialmente os dedicados a actividades de talleres ou reparacións, instalacións eléctricas, carpinteiros, fontaneiros, maderistas, mecánicos ou metalistas.

Agestic tamén reclama que "se atendan a solucións en mobilidade" para transportistas, taxistas ou axentes comerciais. Así mesmo, destaca que é moi importante a implantación dos servizos in situ nas instalacións do autónomo ou a micropymes e a tutorización.

Contenido patrocinado