Actualizado 06/09/2008 19:08 CET

Unha empresa galega deseña un veleiro adaptado para que poidan tripulalo persoas con minusvalía

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Sep. (EUROPA PRESS) -

A empresa galega Polymar --dedicada á fabricación de veleiros dende 1991-- está a rematar un proxecto de deseño dun barco adaptado para a navegación de persoas con minusvalía física, unha embarcación que "podería converterse" en embarcación olímpica para os Xogos Paralímpicos de 2012 e 2016.

Así, prevese que o próximo mes de novembro a Federación Internacional de vela para Minusválidos (IFDS) anunciará se a embarcación de Polymar estará presente na próxima cita paralímpica en Londres 2012.

A Consellería de Innovación e Industria achegou unha axuda de 79.857 euros no ano 2007 para o proxecto, no marco do Programa de Deseño e Produción Industrial do Plan Galego de I+D+i 2006-2010.

A partir dun prototipo de embarcación deseñada para a navegación de parapléxicos, Polymar atópase agora nunha fase de mellora das prestacións dos anteriores modelos, para permitir que o veleiro sexa tripulado ademais por tetrapléjicos.

Nunha primeira fase incorporouse á embarcación un sistema de control remoto que garante o control absoluto da manobrabilidade da nave por terceiras persoas dende a terra, de forma que se poida actuar se o tripulante perde nalgún momento o control.