Absolta a alcaldesa de Viveiro no seu segundo xuízo por prevaricación urbanística

Actualizado: viernes, 10 febrero 2017 19:24

   Pedirá o seu reincorporación ao PSOE

   LUGO, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, foi absolta polo Xulgado do Penal Número 1 de Lugo dun delito de prevaricación urbanística.

   Así, María Loureiro mostrouse "moi contenta e moi satisfeita" tras coñecer o fallo. "Acaba de saír e non a lemos con profundidade (a sentenza). Estamos contentos porque sempre estivemos convencidos que non cometiamos ningunha ilegalidade", destacou.

   O ano pasado a alcaldesa tamén foi absolta noutro xuízo relativo á concesión de obras por silencio administrativo. Estes procesos provocaron que se dese de baixa "temporal" do PSOE. Así, María Loureiro avanza que pedirá a súa reincorporación ao Partido Socialista.

   Neste caso, o fiscal pedira para ela, tres concelleiros da actual corporación e dúas do anterior tres anos de prisión, oito de inhabilitación e 75.000 euros de multa por un presunto delito de prevaricación administrativa polo acordo municipal de 2009 para conceder licenza de ampliación da fábrica de Vestas, que produce aeroxeradores para parques eólicos, o cal non evitou o seu peche posterior.

   Segundo recolle a sentenza, tamén foron absoltos Rafael Fernández Amor, María Isabel Rodríguez, Olga María Méndez e Jesús Antonio Fernández Cal do delito de prevaricación urbanística.

   O fallo constata que "non resulta acreditada a concorrencia de todos os elementos típicos do delito polo que se formulou acusación, concretamente o elemento subxectivo".

   "Non existe proba directa nin indiciaria de que os acusados, ou algún deles, outorgase a licenza con conciencia da súa inxustiza e con coñecemento de que o seu actuar era contrario ás normas urbanísticas", remarcou.

DECLARACIÓNS

    O fallo constata que todos os acusados coinciden en que os temas urbanísticos da comisión de goberno levábaos" (o entón alcalde) Melchor Roel (falecido) e confiaban nel".

   Do mesmo xeito, a sentenza apunta que os acusados comparten que o secretario non lles fixo "ningunha advertencia de ilegalidade", o que non foi rebatido por ningunha proba en contrario, tendo en conta que "resulta acreditado que o secretario interveu na sesión extraordinaria e non declarou no acto do xuízo oral para acreditar outra cousa".

   "Ningunha das restantes testificales practicadas no acto do xuízo oral acreditan que os acusados incorresen na conduta penal pola que foron acusados", constata.