SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jun. (EUROPA PRESS) -
O alcalde socialista de Ames (A Coruña), Blas García, pediu ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a convocatoria de eleccións xerais ante unha "situación política irrespirable" por casos de corrupción.
Nunha mensaxe no seu perfil oficial da rede social X, García afirma: "Non son sospeitoso de non apoiar a Pedro Sánchez, pero teño claro que antes do termo de 2025 hai que celebrar as xerais". "Debe porlle fin a este barullo e á situación política irrespirable", agrega.
Ademais, o rexedor deste municipio coruñés limítrofe con Santiago reclama o adianto electoral de xenerais para "separar este proceso das municipais e as autonómicas".
Este escrito acompáñao dun link a unha noticia do País co titular: 'Crece a presión no PSOE para que Sánchez adiante as eleccións xerais'.