ANOVA-Irmandade Nacionalista, nome da organización política nacida do Novo Proxecto Común

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 14 julio 2012 19:02

SANTIAGO DE COMPOSTELA 14 Jul. (EUROPA PRESS) -

Os asembleístas que participan este sábado na constitución dun novo referente nacionalista aprobaron a súa nova denominación, ANOVA-Irmandade Nacionalista, unha das cuestións que figuraba na orde do día desta asemblea constituínte na que participan asembleas de base e tamén destacados nomes do Encontro Irmandiño, como o histórico Xosé Manuel Beiras ou o alcalde de Teo, Martiño Noriega.

Así mesmo, a asemblea vota este sábado os principios organizativos cos que se constitúe a agora forza nacionalista denominada ANOVA-Imrandade Galega, que ten o seu eixe na esquerda plural e enmárcase no nacionalismo, como expresión política do galleguismo.

Ademais, xa na sesión de tarde, a asemblea someterá a votación a candidatura para a coordinadora nacional, que conta con 75 nomes elixidos por consenso e en formato de lista aberta. Nela, figuran o propio Beiras, así como Martiño Noriega, xunto con outras persoas procedentes das asembleas de base.

Contenido patrocinado