SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Oct. (EUROPA PRESS) -
A Garda Civil confirmou o achado de dous irmáns falecidos con signos de violencia no municipio lucense de Castroverde, concretamente na aldea de Agustín.
A alerta activouse ás 9.00 horas deste sábado após o aviso do 112, momento no que se desprazaron á vivenda onde atoparon a unha muller falecida na cama, con signos de violencia, e ao seu irmán, tamén falecido, nunha fosa séptica.
A investigación está aberta e, aínda que non se descarta ningunha hipótese, outras fontes consultadas por Europa Press e próximas ao suceso, descartan a implicación de terceiras persoas e apuntan cara a un fraticidio.
A teoría que manexan os investigadores é que o home acabase coa vida da súa irmá, con discapacidade física e intelectual, e que despois se suicidade arroxándose ao pozo.