Aprazan ao 5 de decembro o concerto de Salvador Sobral en Ferrol

Cartel da actuación Salvador Sobral
CONCELLO DE FERROL
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 21 octubre 2020 19:15

   FERROL, 21 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O concerto que o artista portugués Salvador Sobral tiña previsto dar este sábado, día 24 de outubro, en Ferrol foi aprazado até o 5 de decembro debido a unha "incidencia sanitaria" dun membro da banda.

   Diso informou a organización do evento nun comunicado, no que destacan que "por responsabilidade" vense na obriga de buscar unha nova data para este concerto no que o cantante luso presentará o seu novo proxecto 'Alma Nosa'.

   As entradas xa adquiridas serán validadas para a nova data. Ademais, no caso de solicitar a devolución, habilítase un prazo do 22 ao 29 de outubro inclusive.

   As persoas que desexen devolver as súas entradas deberán porse en contacto con devoluciones@ataquilla.com, e deberán indicar a dirección de correo coa que efectuaron a compra e a referencia das entradas.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado