As farmacias galegas distribuirán lotes de 3 máscaras a persoas con rendas baixas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello do 24 de abril de 2020.
XUNTA
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 24 abril 2020 15:49

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

   As farmacias galegas distribuirán "de forma gratuíta" lotes de tres máscaras cirúrxicas a un total de 700.000 cidadáns con rendas "máis limitadas" a través da tarxeta sanitaria.

   Así o avanzou en rolda de prensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou que os beneficiarios desta repartición será para persoas receptores de rendas de reinserción, parados sen prestación de desemprego e pensionistas que perciban menos de 18.000 euros ao ano.

   Ademais, o mandatario galego volveu reclamar a baixada do IVE ao 4% e, mesmo, a súa eliminación porque "non ten ningún sentido" que se recomende o seu uso xeneralizado cando continúa cun gravame do 21%.

Contenido patrocinado