O BNG ve o pacto de PP e DO "denigrante" para a política e lamenta que Ourense sexa "paradigma do caciquismo"

Asegura que Feijóo sae "retratado" do acordo, que "seguramente non vai ser a cambio de nada"

Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 15 junio 2019 16:38

   OURENSE, 15 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O concelleiro do BNG no Concello de Ourense Luís Seara considera que o pacto entre o PP e Democracia Ourensana (DO) para investir alcalde ao líder desta última formación, Gonzalo Pérez Jácome, "denigra a política" e a converte "en mera mercadoría".

   Xusto ao finalizar o pleno de constitución da nova corporación, o que foi cabeza de lista dos nacionalistas na cidade das Burgas criticou, en declaracións aos medios, que con este "pacto da vergoña" tanto PP como DO se reparten Concello e Deputación "coma se de cromos se tratase".

   "Ourense volve estar hoxe de rabiosa actualidade. Somos a paradigma do clientelismo e o caciquismo, e a partir de hoxe o somos tamén da engañiza e a fraude aos electores", aseverou.

   Para Seara, este pacto "bota por terra un anhelo de miles de veciños" da provincia que consistía en "abrir un novo tempo político" na Deputación despois de que os populares de Manuel Baltar perdesen por primeira vez a maioría absoluta nesta institución.

   E é que, segundo denunciou, os 32 anos "de clientelismo e baltarismo" no goberno provincial "o único que levan provocado son arbitrariedades" e "desigualdades", convertendo aos ourensáns "en súbditos".

FEIJÓO SAE "RETRATADO" DO PACTO

   Non en balde, Seara evidenciou que o que sae "retratado" neste acordo é o presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, quen, "con tal de salvar a súa situación persoal", "acaba de facer pasar un marrón" ao xa ex-rexedor ourensán, Jesús Vázquez Abad, tendo que apoiar a investidura de Jácome. "Seguramente non vai ser a cambio de nada", engadiu o nacionalista.

   Neste contexto no que o BNG conseguiu dous escanos na corporación despois de catro anos sen representación, Seara lamentou que aínda que esperaban ser "determinantes para conformar unha alternativa política", desde a oposición tamén poden ser "útiles" para Ourense.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado