Colectivos ecoloxistas inician a "batalla xudicial" ante as "irregularidades" na tramitación do proxecto Altri

Archivo - Arquivo - Dúas persoas durante unha nova protesta contra a empresa de celulosa Altri, na porta principal da Xunta de Galicia, a 30 de xuño de 2024, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).
César Arxina - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 16 mayo 2025 13:21

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 May. (EUROPA PRESS) -

   A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) anunciaron o inicio dos trámites para levar ao xulgado a autorización ambiental da Xunta ao proxecto que a pasteira lusa Altri quere instalar en Palas de Rei (Lugo).

    "Hoxe empezamos outra travesía, baixo a lema 'Xustiza para o río Ulla', coa que chegaremos a porto cando Altri desestime instalarse na cabeceira do río Ulla", sinalou este venres en rolda de prensa o vicepresidente de PDRA, Alfredo Otero.

    Desde Adega detallaron que, aínda que os trámites administrativos do proxecto aínda non están finalizados e faltan algúns permisos que son necesarios para a súa instalación, as "irregularidades" na tramitación do proxecto e, "particularmente na concesión de Augas", fixo que as organizacións tomen a vía da xustiza.

    Por iso, anunciaron que presentarán un recurso de alzada, condición previa ao contencioso xudicial, polo "silencio administrativo" de Augas de Galicia á solicitude para arquivar o expediente de concesión de auga do río Ulla, para o uso industrial que solicitou Greenfiber.

    Neste sentido, explicaron que na tramitación da concesión de augas solicitada por Altri, o Regulamento do Dominio Público Hidráulico fixa un prazo de 18 meses para resolver e transcorrido ese tempo a solicitude enténdese como desestimada.

    É neste punto onde Adega detallou que o procedemento comezou, co inicio do trámite de competencia, sobre o 30 de novembro de 2022, cando o Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a apertura do trámite de competencia de proxectos da solicitude.

    Ante esto, Adega e PDRA solicitaron, en febreiro, á Directora de Augas de Galicia que declarase "a caducidade" do procedemento. "A día de hoxe e tres meses despois non recibimos a resolución expresa", detallou o secretario técnico de Adega, Fins Eirexas.

    A petición quedou rexeitada por silencio administrativo e, agora, ambos os colectivos recorren en alzada e avanzaron que, "fronte a un eventual novo silencio ou desestimación derivará nunha demanda pola vía contencioso-adiministrativa".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado