Controlado o incendio de Ribas de Sil (Lugo) e activo un novo lume en Brión (A Coruña)

Europa Press Galicia
Publicado: martes, 14 julio 2026 20:53

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O incendio rexistrado no municipio lucense de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei, que quedado controlado ás 19,47 horas deste martes, despois de afectar a unha superficie de 180 hectáreas.

   Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse o pasado sábado, día 11, ás 18,22 horas e, conforme ás últimas estimacións provisionais, afecta a 180 hectáreas.

    Neste incendio foi necesario declarar a Situación 2 de forma preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas, unha medida operativa que quedou desactivada na madrugada do domingo.

   Na extinción mobilizáronse, até agora, de forma acumulada, oito técnicos, 42 axentes, 61 brigadas, 45 motobombas, catro pas, nove helicópteros e oito avións.

INCENDIO ACTIVO EN BRIÓN ( A CORUÑA)

   Por outra banda, fontes da Consellería de Medio Rural han infomrado que outro incendio foi rexistrado na parroquia de Bastavales de Brión (A Coruña), nas proximidades do municipio limítrofe de Ames.

   Segundo os datos do departamento autonómico comezou ás 19,20 horas e está activo. Polo momento descoñécese a cifra de superficie afectada.

   Nos labores para apagar as chamas traballa un técnico, catro axentes, dez brigadas, seis motobombas, unha pa, unha unidade técnica de apoio, así como catro helicópteros e dous avións.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado