Desactivada a alerta por proximidade a casas do incendio de Pantón (Lugo), que queima máis de 2.000 hectáreas

1011329.1.260.149.20250922174030
Vídeo de la noticia
Efectivos de emerxencias realizan labores de extinción do incendio de Pantón, a 22 de setembro de 2025, en Pantón, Lugo. - Carlos Castro - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 22 septiembre 2025 17:40

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Sep. (EUROPA PRESS) -

   A Xunta desactivou a situación 2 de emerxencia que permanecía activada desde o pasado xoves pola proximidade a casas do incendio iniciado na parroquia de Pombeiro, en Pantón (Lugo), ao considerar que xa non existe perigo para os núcleos de poboación.

    Este incendio, que continúa activo, calcinou polo momento unhas 2.000 hectáreas de terreo, parte delas no concello veciño de Sober.

    Para a súa extinción mobilizáronse un total de 21 técnicos, 143 axentes, 157 brigadas, 113 motobombas, nove pas, seis unidades técnicas de apoio, 15 helicópteros e 12 avións. Tamén participaron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado