Detectado un positivo na Residencia de maiores Caser A Zapateira, na Coruña

Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 31 julio 2021 14:24

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Jul. (EUROPA PRESS) -

   As residencias de maiores de Galicia rexistran 22 casos de Covid-19, ao contar un novo na Residencia de maiores Caser A Zapateira, na Coruña; mentres que os casos en residencias de discapacidade mantéñense en 24 positivos.

   Segundo informaron este sábado as consellerías de Política Social e Sanidade, dos 22 casos en residencias de maiores, un pertence a Caser A Zapateira, 18 á Residencia Santo Estebo de Perlio (Fene), dúas ao centro Bo Día Magnolio (Vigo) e un á residencia de Val do Dubra.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

   No tocante aos centros de atención á discapacidade suman 24 casos, dos que 21 son usuarios do Fogar e Clínica San Rafael de Vigo; seguen dous na RGA Valverde de Allariz (Ourense) e un no CAPD de Sarria (Lugo).

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado