SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Ago. (EUROPA PRESS) -
Polo menos catro persoas resultaron feridas en dous accidentes múltiples con até 10 vehículos implicados na A-8, ao seu paso polo municipio lucense de Mondoñedo, na zona do alto do Fiouco.
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse sobre as 11.30 horas entre o quilómetro 544 e 555, en ambos sentidos de circulación.
Como resultado dos dous accidentes, tal e como trasladou a central de emerxencias, hai catro persoas feridas leves.
Até o lugar desprazáronse varias dotacións do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Barreiros e de Vilalba, Garda Civil, así como Policía Local e Protección Civil.
Aínda que fontes de Tráfico sinalaron que está a desviarse o tránsito e que a circulación permanece interrompida na zona tanto pola néboa como polo accidente, as retencións pódense observar entre os quilómetros 555 e 552.