Educación completa a instalación do equipamento do proxecto Abalar en centros públicos

Niños-ordenadores-colegios
ACER
Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 9 enero 2011 14:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA 9 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria completou a instalación de todo o equipamento necesario nos centros educativos públicos para poñer en marcha o plan Abalar durante o curso 2010-2011. Esta estratexia que busca a integración das novas tecnoloxías neste ámbito.

Segundo explicou a Xunta nun comunicado, a partir do 11 de xaneiro os equipos técnicos do plan Abalar percorrerán estes centros públicos para analizar, comprobar e solucionar as posibles incidencias.

Deste xeito, a Administración autonómica sinalou que Abalar "cumpre un fito importante" para a súa implantación progresiva na práctica educativa e permite que 14.500 alumnos "traballen xa" nas aulas coas axudas das novas tecnoloxías, incorporándoas día a día ao proceso de aprendizaxe.

Esta iniciativa que chega agora á súa materialización nos "centros públicos" --tamén previsto en concertados-- comezou con críticas recibidas pola Federación Galega de Asociación de Directivos de Colexios de Ensino Público (Fegadicep), que lamentaron a "formulación" da repartición de ordenadores e denunciaron que "non foi correcto" que se "primase --ao seu xuízo-- aos centros privados concertados".

Unhas críticas que tamén procederon dos grupos da oposición, xa que, tanto socialistas, como nacionalistas, criticaron esa mesma "discriminación intolerable". O PSdeG mesmo demandou que se volvesen distribuír os ordenadores.

FORMACIÓN

Esta iniciativa está enmarcada na formación en novas tecnoloxías que leva a cabo a Xunta e que se completa con outros programas como o 'Navega con rumbo polo Ciberespacio', no que participaron máis de 5.000 alumnos. Ten por obxectivo promover que os escolares galegos usen de xeito responsable as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

A través deste programa, realizado en 34 centros da provincia de A Coruña, 14 de Lugo, 13 de Ourense e 28 de Pontevedra, tamén recibiron indicacións 500 profesores e 300 pais para aproveitar as novas tecnoloxías "ao máximo posible" e "adquirir boas experiencias e novos coñecementos".

Este proxecto --desenvolvido polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig)-- resultou finalista na categoría de 'Educación Dixital' dos premios concedidos pola asociación de empresas galegas dedicadas a Internet e ás novas tecnoloxías (Eganet).

Contenido patrocinado