Evacuadas cinco persoas, unha delas en helicóptero, tras chocar un turismo e un camión en Cerceda (A Coruña)

Accidente en Cerceda.
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 27 junio 2025 16:23

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Jun. (EUROPA PRESS) -

   Cinco persoas tiveron que ser evacuadas, unha delas en helicóptero, tras chocar un turismo e un camión na AC-413, ao seu paso polo municipio coruñés de Cerceda.

    Segundo indicou o 112 Galicia, consultado por Europa Press, o suceso produciuse sobre as 13.30 horas deste venres e foi un particular o que deu a voz de alarma.

    Até o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago, os Bombeiros de Ordes, a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.

    Unha vez no punto, os Bombeiros tiveron que excarcerar a dúas persoas que viaxaban no turismo e axudar a saír a outra. En total, trasladaron a cinco personas, unha delas en helicóptero e as outras catro en ambulancia.

Contenido patrocinado