Falece unha persona nun accidente de tráfico en Monforte (Lugo)

Europa Press Galicia
Publicado: martes, 26 diciembre 2017 16:49

LUGO 26 Dic. (EUROPA PRESS) -

Unha persona resultou falecida e outra ferida de carácter moi grave nun accidente de tráfico ocorrido este martes en Monforte (Lugo).

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 13,30 horas na N-120 en dirección a Piñeira, nas proximidades de Monforte, cando un camión chocou contra un turismo e, posteriormente, caeu por un terraplén dun cinco metros.

Até a zona desprazáronse varias dotacións de Bombeiros para tratar de liberar ao camioneiro, dado que o trailer quedou boca abaixo, coa cabina "totalmente esmagada" e non era posible acceder a el. Tamén foi necesario liberar ao condutor do turismo.

Ademais, foron mobilizados efectivos da Garda Civil para xestionar o tráfico, e de Protección Civil. O condutor do turismo foi trasladado polo 061 a un centro hospitalario en estado grave.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado