SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Ago. (EUROPA PRESS) -
Sete persoas resultaron feridas tras unha colisión entre dous turismos na N-120, en Barxa de Lor, ao seu paso polo municipio lucense da Pobra do Brollón.
Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 08.00 horas deste luns no quilómetro 507 da vía e foi un particular o que deu a voz de alarma.
Até o punto desprazáronse os profesionais sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Monforte, o GES de Quiroga e os servizos de mantemento da estrada.