Feridos un adulto e un neno tras un sufrir un accidente co quad no que circulaban en Coristanco

Archivo - Arquivo - Helicóptero medicalizado do 061
XUNTA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: martes, 18 agosto 2026 21:06

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Ago. (EUROPA PRESS) -

   Dúas persoas, un neno e un adulto, resultaron feridas tras sufrir un accidente co quad no que circulaban no municipio coruñés de Coristanco.

    Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 19.30 horas deste martes no lugar de Outeiro, en Agualada, e foi un particular o que deu a voz de alarma.

    Até o punto desprazouse o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, ante as feridas que presentaba o adulto, mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

   A central de emerxencias tamén deu aviso á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Ponteceso, ao efectivo da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e aos Bombeiros de Bergantiños.

    Finalmente, o adulto foi trasladado no helicóptero medicalizado e o menor nunha ambulancia.

Contador

Contenido patrocinado