Galicia solicitará formalmente as competencias sobre os permisos de traballo de estranxeiros

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta.
XUNTA
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 30 junio 2025 14:05

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O Goberno galego aprobou este luns iniciar a solicitude formal ao Estado das competencias executivas para poder outorgar permisos de traballo a persoas estranxeiras.

   Así o anunciaron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, ao termo da reunión semanal do Consello.

   "A partir de agora iniciaremos todo o proceso de petición e negociación. Espero que non se volva a repetir o que pasou co litoral", dixo Rueda, en referencia aos tirapuxas --mesmo no Tribunal Constitucional-- que houbo co Goberno central sobre as competencias na costa, que efectivamente se exercerán este martes, 1 de xullo.

   Así, o conselleiro explicou que esta nova reclamación de competencias busca favorecer a "migración legal, segura e baseada na colaboración" entre administracións e empresas.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Contenido patrocinado