Galicia tivo un agosto cálido e con precipitacións normais

Imaxe aérea da praia de Patos, a 22 de agosto de 2023, en Nigrán, Pontevedra, Galicia (España). A Xunta activou onte, 21 de agosto, a alerta por un episodio de calor esta semana, que se corresponde coa cuarta onda de calor do verán en España. En
Agostime - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: martes, 5 septiembre 2023 17:43

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Galicia tivo un agosto cálido cunha temperatura alta media de 26,3C no que os episodios de frío rexistrados ao comezo e ao final do mes foron compensados con dous capítulos de calor, especialmente o vivido na penúltima semana no que se chegaron a superar os 40C en varios puntos da comunidade.

   O balance realizado por Meteogalicia do oitavo mes de 2023 reflicte que as precipitacións foron as habituais para a época do ano nun agosto caracterizado pola variabilidade meteorolóxica e polo predominio das situacións anticiclónicas.

   As entradas de aire cálido procedente de África provocaron dous episodios de calor rexistrados os días 7, 9 e 21 de agosto, o que fixo que as temperaturas media fosen máis altas do esperado.

   Así, as máximas no mes de agosto oscilaron, de media, os 26,3 C, aínda que chegaron a rexistrarse valores por encima dos 33 C nas concas do Sil, no Miño ourensán e na comarca de Verín.

   En canto ás mínimas, tamén estiveron por encima do esperado, cunha media do 14,1C. Na serra da Queixa e na Limia chegouse aos 8,3C de media mínima.

CHOIVAS

   O informe tamén sinala que as precipitacións estiveron dentro dos baremos habituais para o mes de agosto, cunha media acumulada de 32 l/m2. O norte da Coruña e o noroeste de Pontevedra foron as zonas con máis choivas acumuladas con 90 l/m2.

   No lado oposto, os valores máis baixos rexistráronse na Terra de Lemos e, especialmente, no sueste de Ourense, onde algunhas áreas non recolleron choivas en todo o mes.

   Deste xeito, en termos xerais, a anomalía media das precipitacións para o mes de agosto foi un 29% inferior ao valor climático habitual, un dato que, dadas as variacións habituais neste mes, é considerado como normal.

Contenido patrocinado