SANTIAGO DE COMPOSTELA 17 Feb. (EUROPA PRESS) -
O hacker e experto en ciberseguridade Bernardo Viqueira impartirá unha conferencia a través de Afundación TV sobre seguridade e protección nas novas tecnologias.
En concreto, a charla 'Protexéndonos, protexéndoos' enmárcase no ciclo Educación Século XXI da Obra Social de Abanca, e emitirase o 25 de febreiro ás 19,00 horas.
O experto abordará os métodos de vangarda nos ataques cibernéticos e os comportamentos dos usuarios que os facilitan e falará sobre boas prácticas cos usuarios menores, explicando os principais riscos e a forma de facerlles fronte.
Bernardo Viqueira é enxeñeiro de Telecomunicacións, con diversos masters e certificacións na área da Ciberseguridade, aínda que a súa gran especialidade é o ámbito do hacking e reportou fallos de seguridade a empresas como Deezer, Starbucks e Yahoo, ademais de colaborar con organismos gobernamentais.
Doutra banda, Afundación emitirá este xoves en directo unha nova sesión do taller dentro do seu programa '+60 en liña', dirixido a este grupo de poboación co obxectivo de" manterse activo, conectado e evitar situacións de vulnerabilidade".
'Actívate en casa' impártese cada xoves ás 12.00 horas e pode seguirse a través de Afundación TV até o próximo 8 de abril.