SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Jun. (EUROPA PRESS) -
Un home resultou ferido este luns en Cuntis (Pontevedra) após tentar apagar unha pila de leña en chamas. En concreto, tivo que ser evacuado ao Hospital Montecelo con queimaduras graves en cara e brazos.
Segundo informa o 112 Galicia, foi un particular quen alertou de que estaba a arder unha pila de leña preto dunha casa e de que unha persoa tentaba apagar as chamas cunha mangueira.
Pouco despois pediron asistencia sanitaria para un home que tiña queimaduras en cara e brazos. En concreto, o suceso tivo lugar en O Furco, na parroquia de Arcos.
Até alí desprazáronse Urxencias Sanitarias, GES da Estrada, Garda Civil, Protección Civil de Cuntis, da Estrada e medios da Consellería do Medio Rural.
INCENDIO NUNHA VIVENDA DE CEE
Doutra banda, os bombeiros do parque provincial de Cee (A Coruña) desprazáronse este luns até unha vivenda na Avenida Fernando Blanco por un incendio na cociña desta.
Unha vez alí, os bombeiros procederon á extinción do lume cun extintor. Cabe destacar que as tres persoas que se atopaban na vivenda tiveron que ser trasladas ao hospital Virxe da Xunqueira por posible inhalación de gases.