O inicio do curso nas escolas infantís atrásase do 4 ao 7 de setembro debido ao movemento de persoal

Archivo - Arquivo - Logotipo da Galiña Azul, escola infantil da Xunta
GALIÑA AZUL/XUNTA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 31 julio 2026 13:10

SANTIAGO DE COMPOSTELA 31 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Xunta atrasou o inicio de curso nas escolas infantís da rede pública do 4 ao 7 de setembro, co obxectivo de "garantir un correcto funcionamento" ante o movemento de persoal pola resolución dos concursos de traslados e tomas de posesión dos funcionarios.

A decisión foi comunicada de maneira urxente aos centros este 31 de xullo, último día de traballo na gran maioría das escolas infantís, coa petición de que esta información sexa trasladada ás familias.

Nos últimos días, case 900 educadoras elixiron destino e non coñecerán até agosto en que centro empezarán en setembro, polo que organizacións como a CIG advertiron de que vai ser un comezo de curso "extremadamente caótico", tendo en conta que os equipos conformaranse con escasa marxe (o día 1) ante a chegada dos alumnos.

A rede de escolas infantís públicas da Xunta está composta por uns 170 centros e o que vén será o primeiro no que a maior parte das educadoras dos nenos de 0 a 3 anos terán praza fixa, após 20 anos de temporalidade, desde a creación destes centros.

(Haberá ampliación)

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado