OURENSE, 12 Jul. (EUROPA PRESS) -
O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil de Ourense tomou declaración ao representante dunha empresa mineira como presunto autor dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente.
A Garda Civil, segundo informou nun comunicado, tivo constancia de "vertedura recorrentes" de auga cunha alta concentración de sólidos en suspensión que proveñen das instalacións dunha empresa.
Ditas verteduras carecen da perceptiva autorización por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e contaminan o arroio denominado A Armada e o río Cerves.
Isto, detallou a Garda Civil, xera un gran impacto no dominio público hidráulico, principalmente nas pozas de Melón e Tourón.