Máis de 6.000 axentes velarán pola seguridade nos colexios electorais galegos este domingo

Axentes nun colexio electoral
DELEGACIÓN DEL GOBIERNO
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 17 julio 2023 12:52

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un dispositivo cun total 6.018 axentes de diferentes corpos velarán pola seguridade nos colexios electorais galegos nos comicios xerais deste domingo, 23 de xullo.

   A Delegación do Goberno en Galicia coordina este dispositivo, que está integrado por: 1.730 axentes da Policía Nacional; 3.297, da Garda Civil, e 991 de Policía Local.

   Así, situaranse nos centros de votación, nos seus accesos e en demais puntos de interese da xornada co fin de garantir o exercicio libre do dereito ao voto.

   O obxectivo é que a participación política poida exercitarse este domingo en condicións óptimas de liberdade e seguridade, así como protexidas daquelas ameazas dirixidas a perturbar o seu normal desenvolvemento.

   En total, imprimíronse 29 millóns de papeletas para o Congreso e 3 millóns de papeletas para o Senado. Estas mesas estarán atendidas por 11.880 membros de mesa e por 2.576 representantes da Administración, que se encargarán de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos de participación e de reconto.

   Estas eleccións decidirán un total de 23 deputados ao Congreso: 8 na Coruña, 7 en Pontevedra, 4 en Lugo e 4 en Ourense. Tamén serán elixidos 16 senadores, catro por provincia.

Contenido patrocinado