Mato di que a Xunta está a defender "nas mesas que toca defender" os intereses dos traballadores de Alcoa

Beatriz Mato
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 26 septiembre 2012 14:21

A CORUÑA 26 Sep. (EUROPA PRESS) -

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, manifestou que a Xunta está a defender "nas mesas que toca defender" os intereses dos traballadores dos centros de Alcoa en Galicia, coincidindo coa concentración convocada na Coruña, ante a Delegación do Goberno, polo comité de empresa da fábrica que o grupo ten no polígono da Grela.

A preguntas dos xornalistas, Mato recalcou que por parte do Executivo galego o compromiso cos traballadores é "firme", á vez que culpou da súa situación ao Goberno socialista.

"É un problema herdado pola falta de compromiso coas taxas eléctricas", sentenciou en referencia ao anterior Executivo de José Luís Rodríguez Zapatero.

No entanto, indicou que tanto a Consellería de Economía e Industria como a de Presidencia realizaron xestións ante o Goberno central "para pedirlle que se implicará nunha solución", recalcou a titular de Traballo e Benestar.

Contenido patrocinado