VIGO 12 Dic. (EUROPA PRESS) -
Un mariñeiro galego faleceu nas últimas horas mentres faenaba no Atlántico Sur. Segundo fontes do sector consultadas por Europa Press, o home morrería de forma natural.
Trataríase dun tripulante do barco palangreiro 'Bradomin', de 36,5 metros de eslora e con porto base en Burela (Lugo).
As mesmas fontes explicaron que todo ocorreu o pasado mércores, pondo rumbo o barco cara a Montevideo (Uruguai) para poder realizarlle a autopsia ao corpo.
Así, prevese que chegue a terra o vindeiro mércores ou xoves, debido a que o traxecto suporá uns 6 ou 7 días de navegación.