O responsable de Contas di que "trucos contables os usa todo o mundo" e recorda que o básico é a "imaxe fiel"

Defende que os cargos executivos "están moi premidos polas necesidades" e "nalgún momento teñen que andar no linde"

Luciano Fariña
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 4 abril 2013 14:39

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Abr. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro maior do Consello de Contas, Luciano Fariña, afirmou este xoves que "trucos contables os usa todo o mundo" e recordou que o principio básico para elaborar as contas é o de "imaxe fiel", é dicir, que os rexistros contables reflictan a realidade.

Nunha entrevista concedida á Radio Galega e recollida por Europa Press, Fariña puxo como exemplo que recentemente Eurostat corrixiu a cifra de déficit anunciada por España relativa a 2012, do 6,7%, e a elevou ao 6,98%. Preguntado, en concreto, por se a Xunta fai "trucos contables", como di a oposición, replicou: "Trucos contables úsaos todo o mundo".

A contabilidade, agregou, é "un reflexo documental esquematizado dunha realidade económica e debe reflectila", para o que "o principio básico é o de imaxe fiel", ao que se supeditan en resto. Sobre se, en efecto, as administracións respectan isto, o conselleiro maior considerou que si. "Pero, ¿que sucede? Que estamos nunha cuestión na que entra o alcance político", sinalou.

Sobre a posibilidade de fiscalizar os concellos nos que se investigan casos de suposta corrupción, Fariña pediu unha reflexión acerca de como se comunican estas situacións. "Ocultar facturas pode ser unha corrupción ou pode ser un incumprimento da normativa que pode dar lugar a unha responsabilidade contable", dixo e apuntou que "é moi difícil de detectar" que hai cuestións do "ámbito delituoso".

O papel do órgano fiscalizador, sostivo, é ser "un instrumento de control político" e "presentar as circunstancias de feito", que logo se someten a "xuízo político".

Sobre a independencia do Consello de Contas, o seu conselleiro maior considerou que é "absoluta" e dixo que el "non diría si" a un político que o chama para requirir algo. "Pero creo que dei moitas explicacións, no sentido de tratar de convencer o que pregunta como deben ser as cousas. A maioría das veces non é satisfactorio para o que pregunta", explicou.

"ANDAR NO LINDE"

En "descargo" dos que desempeñan postos executivos defendeu que "o que se pretende coa execución é a satisfacción dunha necesidade" e "eles tamén están moi premidos polas necesidades e moitas veces a lei non ten previsión para todo o que poida xurdir". "Nalgún momento teñen que andar no linde e isto todo o mundo debe comprendelo", xustificou e considerou que "outra cousa é que esa situación se produza con reiteración".

Ademais, insistiu en que o que fai Contas é pedir explicacións cando detecta que algunha administración pode estar a cometer algunha irregularidade e incluír unha recomendación ao respecto no seu informe. "Moitas veces, só con esa advertencia, xa se corrixe", destacou.

Fariña pronunciouse tamén sobre o adelgazamento da administración pública e supresión de entes dependentes desta- Trátase de establecer unha administración profesionalizar que atenda aos intereses xerais", pediu e considerou que "a complexidade cada vez máis grande da vida económica e empresarial" levou a creación destes organismos.

"En ocasións debemos recoñecer que é necesario que alguén estimule a posta en marcha dunha actividade", dixo, pero sinalou que é necesario "retirarse unha vez posto en marcha", algo que "moitas veces non se sabe facer". En calquera caso, animou a "esta doutrina" sempre, non só en épocas de crise.

'QUIOSCOS'

Neste sentido, rexeitou a expresión 'quioscos' porque algúns "poden prestar unha utilidade social importante". "A cuestión non é tanto as amigas, entre comiñas, que se poden designar --para dirixilos--, porque hai de todo, senón se a xestión foi eficaz e cumpriu os obxectivos sinalados", sostivo e apuntou que calquera partido político coloca os seus "amigos" á fronte destas entidades. "Iso é unha cuestión que non sei se é comprensible ou non, pero é un feito, un dato da realidade que non podemos obviar, sen desmerecer a ninguén", resolveu.

Cál é a administración que se porta mellor: a administración local non se portaba tan ben hai uns anos. Hoxe, respecto do ejercio 2012, que o prazo de render contas rematou o 15 de outubro de 2012, solo catro concellos non renderon contas.

Sobre a situación dos concellos, considerou que asumiron máis competencias das que deberían e destacou, por outra parte, que só catro concellos non presentaron aínda as contas de 2011 para a súa fiscalización --o prazo vencía en outubro de 2012--.

Contenido patrocinado