O Sergas destinará 12,1 millóns ao seu novo plan de verán, que inclúe médicos voluntarios para cubrir vacantes

Archivo - Arquivo - PAC de Basauri-Ariz (Bizkaia)
DEP. SALUD - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 23 junio 2025 13:44

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O novo plan de verán do Servizo Galego de Saúde (Sergas) estará dotado de 12,1 millóns de euros e incluirá, en liñas similares ao do ano pasado, bolsas de médicos voluntarios para cubrir vacantes en centros de saúde e puntos de atención continuada (PAC).

   O Consello da Xunta aprobou esta nova folla de ruta para os "próximos meses", nos que as "necesidades de persoal de atención primaria vanse a ver incrementadas" como consecuencia do período vacacional.

   Así o avanzou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, tras presidir a reunión semanal do Goberno galego en substitución do presidente, Alfonso Rueda, que participa este luns nun acto no Porto.

   Para este verán, de novo o Sergas buscará reforzar os centros de saúde con médicos internos residentes (MIR) de último ano, na especialidade de Pediatría e Medicina Familiar e Comunitario.

   Tamén se habilitará unha bolsa de persoal voluntario dispoñible para cubrir gardas na PAC, que de momento conta con 149 profesionais inscritos.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado