Socorristas rescatan a dúas persoas que facían pádel surf en Barreiros (Lugo)

Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 14 julio 2023 14:30

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Os servizos de emerxencias rescataron este venres a dúas persoas que facían pádel surf na parroquia de Reinante, entre as praias de Coto e das Catedrais, no municipio lucense de Barreiros.

    Segundo trasladou o 112, un particular alertaba deste suceso á central de emerxencias sobre as 12,30 horas. Con esta información, os operadores do 112 deron aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Barreiros.

   A continuación, Gardacostas informaba da saída do helicóptero de rescate Pesca II, mentres que os socorristas de Barreiros saíron nunha zódiac, na que finalmente foron rescatadas ambas persoas e levadas á praia de Arealonga en bo estado de saúde.

Contenido patrocinado