Suspendidas as caravanas electorais de PPdeG, PSdeG, BNG e En Marea polo accidente de tren

Publicado: viernes, 9 septiembre 2016 11:21

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Sep. (EUROPA PRESS) -

   As caravanas electorais do PPdeG, PSdeG, BNG e En Marea foron canceladas para a xornada deste venres debido ao accidente de tren acontecido en O Porriño e no que faleceron varias persoas.

   Ademais, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, suspendeu a súa presenza nun acto que tiña en Pontevedra como presidente do PP provincial para acudir ao lugar do accidente.

   Fontes dos tres partidos confirmaron a suspensión dos actos electorais previstos para este venres ante o "gravísimo" sinistro co descarrilamento do tren que viaxaba entre Vigo e Oporto.