SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Feb. (EUROPA PRESS) -
The Rapants anunciou que este mércores ás 12.00 horas sacará á venda 1.500 novas entradas para o seu concerto do 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar.
"Neste club hai sitio para todos", anunciou a banda, nunha nota de prensa, avanzando a ampliación da capacidade de asistencia para o seu show de marzo.
No concerto, The Rapants presentará o seu cuarto LP, 'Rapants Club', un álbum con doce temas de diferente estilo musical que se publicará nas principais plataformas o mércores catro de marzo.
As entradas sairán á venda este mércores, 25 de febreiro, a partir das 12.00 horas, na web de Ataquilla.com.