Tomé dimitirá como presidente da Deputación de Lugo e deixará os seus cargos no PSdeG tras as denuncias por acoso

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, a 10 de decembro de 2025, en Campo de San Antón, Monforte de Lemos, Lugo
Carlos Castro - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 10 diciembre 2025 16:49

   LUGO, 10 Dic. (EUROPA PRESS) -

   O alcalde de Monforte, José Tomé, presentará a súa dimisión como presidente da Deputación de Lugo e deixará os seus cargos no Partido Socialista de Galicia tras as denuncias por acoso, segundo trasladaron fontes consultadas por Europa Press.

   O até agora secretario xeral do PSOE na provincia de Lugo comunicará a súa renuncia a estes cargos na comparecencia que ofrecerá aos medios ás 17,00 horas en Monforte, na que desvelará que decisión adopta sobre esta alcaldía.

    Todo iso por mor de transcender denuncias de mulleres contra el por "comportamentos machistas", uns feitos que foron avanzados polo programa Código 10 da canle de televisión 'Cuatro' na noite do martes.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado