Tres falecidos por posible intoxicación por monóxido de carbono nunha vivenda de Taboadela (Ourense)

Europa Press Galicia
Publicado: martes, 29 abril 2025 14:33

   OURENSE, 29 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Tres persoas apareceron falecidas na súa vivenda en Taboadela (Ourense) en torno ao mediodía deste martes, ao parecer por unha intoxicación con monóxido de carbono.

   Tal e como confirman a Europa Press diferentes fontes dos servizos de emerxencias, trátase dun matrimonio de 81 e 77 anos de idade (F.D.R. e A.F.M.) e o seu fillo de 56 anos (F.J.D.F). Atopounos xa mortos unha persona que se achegou á casa.

   O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que recibiu unha chamada sobre as 12.55 horas deste martes. Até o lugar desprazouse ao equipo de Atención Primaria da localidade e tamén se mobilizou unha ambulancia de soporte vital avanzado, aínda que finalmente non chegou a asistir.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Contenido patrocinado