Xosé Antón Cascudo gaña o Ramón Piñeiro de Ensaio cunha análise da feminidade en 'Mad Men'

Archivo - Arquivo - Xosé Antón Cascudo
ALBERTE SÁNCHEZ REGUEIRO - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 26 diciembre 2022 18:02

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Dic. (EUROPA PRESS) -

   Xosé Antón Cascudo (Guitiriz, 1976) gañou o XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio pola súa obra 'A mística da feminidade en Mad Men'. O galardón está dotado con 3.000 euros e a publicación na Editorial Galaxia o próximo ano.

   Este certame está organizado pola Xunta, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, con patrocinio de Caixa Rural Galega.

   O xurado estivo composto por Rocío Carolo, Marcos Calveiro, María López Sández,

   Marta Neira e Armando Requeixo. Na cita participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

   O xurado valora a aposta polo ensaio desde a análise semiótico do audiovisual máis icónico, no que se estuda a cuestión de xénero integrando na revisión o mellor das análises e do pensamento sobre o tema. Así, reflexiónase acerca da construción socioidentitaria a través dunha das series máis recoñecidas e influentes.

   Cascudo é profesor de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, ademais de poeta (publicou en 2007 'Manual do misántropo') e director de documentais. Licenciado en Historia da Arte, é tamén doutor en Filosofía e un dos estudiosos galegos máis estimados no campo audiovisual.

Contenido patrocinado