A Xunta activa para este venres a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral

Archivo - Arquivo - Vista da ondada da praia de Riazor, a 22 de xaneiro de 2024, A Coruña, Galicia (España).
M. Dylan - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 11 diciembre 2025 16:21

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Dic. (EUROPA PRESS) -

   A Xunta activou para este venres a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego.

   A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xusticia e Deportes, para garantir a seguridade dos bens e as persoas, informou da situación a través do 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

   Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde o mediodía deste venres na costa da provincia da Coruña, na Mariña lucense e tamén na zona das Rías Baixas, na provincia Pontevedresa, ampliándose á primeira hora da tarde á zona do Miño, en Pontevedra.

    Desta forma, espérase mar combinado, principalmente mar de fondo, do noroeste con ondas de até seis metros.

   Ademais, pola alerta laranxa queda suspendida a actividade deportiva Xogade e federada no mar nos concellos da costa da Coruña e de Pontevedra desde as 09.00 horas até a medianoite, e nos municipios da Mariña lucense entre as 12.00 e as 00.00 horas.

    A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompientes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado