A Xunta aplicará na nómina do mes de xullo a subida do 0,5% a funcionarios

Archivo - Arquivo - Bandeira de España proxectada sobre o edificio principal do edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta
XUNTA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 7 julio 2025 15:40

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A Xunta aplicará na nómina do mes de xullo a subida do 0,5% nos salarios dos empregados públicos para compensar os efectos da inflación após a autorización do Goberno central.

   Diso informou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa posterior ao Consello, cunha queixa pola demora de seis de meses do Goberno central a esta luz verde.

   Os orzamentos galegos para o ano 2025 tiñan previsto este incremento, pero non podían ser efectivo ata que o habilitase o acordo do Consello de Ministros que finalmente se asinou o pasado martes.

   Estas actualizacións aplicaranse con efectos de 1 de xaneiro de 2024 e suporán un pago adicional de 393 euros no salario dos empregados públicos autonómicos correspondente aos anos 2024 e 2025.

   A medida terá un custo de 53 millóns de euros para as arcas autonómicas. "A situación económica e social xerada polos conflitos de Ucraína e Oriente Próximo e a consecuente crise enerxética motivou un aumento do custo de vida polo impacto da inflación, o que provocou a posta en marcha de medidas para tentar paliar os efectos no poder adquisitivo dos empregados e empregadas públicos", explica o Goberno galego.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado