As irmás Katia e Marielle Labèque clausuran hoxe a temporada da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia, en Santiago

Actualizado: jueves, 15 junio 2006 12:23

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Jun. (EUROPA PRESS) -

As pianistas Katia e Marielle Labèque pechan hoxe, ás nove da noite, a temporada da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio, en Santiago de Compostela, cun recital con obras de Béla Bartók e Robert Schumann.

A orquestra auspiciada polo Consorcio de Santiago seguirá nesta ocasión a batuta Josep Pons, quen está considerado como un dos directores españois más representativos do momento. O programa desta actuación estará composto polo "Concerto para dous pianos, percusión e orquestra", de Béla Bartók, e a "Sinfonía núm. 2", de Robert Schumann.

Esta noite a Real Filharmonía estará no escenario do Auditorio de Galicia xunto ás irmás Labèque, o dúo pianístico máis famoso da actualidade. Son coñecidas pola precisión das súas interpretacións, pero tamén pola súa gran musicalidade e amplitude de repertorio, que abarca dende Bach, Mozart e Schubert ata Stravinski, Gershwin, Bernstein e outros compositores do século XX.

Pola súa banda, Josep Pons é o director titular e artístico da Orquestra Nacional de España e está considerado un dos directores españois máis representativos do momento. Paralealmente á súa actividade como titular, é continuamente invitado por orquestras internacionais e dirixiu numerosas producións operísticas.