(Av.) Sabotan dous camións que traballaban nas obras do corredor a Noia, á altura de Rois (A Coruña)

Actualizado: martes, 8 julio 2008 15:21

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Jul. (EUROPA PRESS) -

Dous camións dunha empresa de escavacións que traballa nas obras do corredor a Noia quedaron totalmente calcinados a consecuencia das lapas provocadas por artefactos explosivos colocados na maquinaria, segundo informaron a Europa Press fontes da investigación.

Nas inmediacións onde estaban aparcados os dous camións, na parroquia de Ermedelo, no lugar de Martelo, había outra maquinaria que non resultou afectada porque os artefactos que lles colocaran, de fabricación caseira, non se chegaron a activar, segundo informaron a Europa Press fontes do Grumir de Brión, que colaborou na extinción das lapas dos dous vehículos calcinados.

Estes non son os primeiros actos de sabotaxe que sofre maquinaria que traballa na construción de infraestruturas en Galicia, xa que en xuño do ano pasado xa foron atacadas máquinas destinadas nas autovías Santiago-Cacheiras (AG-69) e Santiago-Brión (AG-56).

((SEGUIRÁ AMPLIACIÓN))