A CORUÑA 21 Ago. (EUROPA PRESS) -
O BNG de Oleiros (A Coruña) criticou a actitude "oportunista" do PP municipal e do seu portavoz, Pablo Cobián, que según os nacionalistas "apúntase a un bombardeo con tal de saír nos medios", xa que recordan que as obras que critican os populares foron proxectadas e aprobadas polo anterior goberno do Estado. Engaden que "pode responder a unha amnesia política premeditada ou ao oportunismo eleitoralista".
No caso das obras do tunel de Iñás, os nacionalistas oleirenses afirman que o responsabel máximo foi o ministerio de fomento cando o PP gobernaba no goberno estatal, o mesmo que o proxecto de rexeneración da praia de Santa Cristina cuyo proxecto foi redactado e aprobado polo PP.
Os nacionalistas oleirenses declaran que resulta "paradóxico" que sexa o goberno local o culpable según afirma Pablo Cobián cando o PP, sinalan, "tivo a oportunidade de presentar aleg criticando agora infraestructuras das que foron impulsores e máximos responsábeis tanto nos contidos do proxecto como da financiación.