O Centro de linguas de la Universidad de A Coruña abre o prazo de preinscrición para os cursos de outono

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 31 agosto 2006 19:16

A CORUÑA 31 Ago. (EUROPA PRESS) -

O Centro de Linguas da Universidade da Coruña abrirá o día 2 de setembro o prazo para a preinscrición nos cursos de outono. Así, a partir do próximo sábado e ata o día 26 de setembro todos os interesados poden dirixirse á páxina web do centro, www.udc.es/centrodelinguas. Nesta dirección atoparase tamén toda a información sobre horarios e grupos para as clases dos diferentes idiomas.

Os cursos comezarán a impartirse o 11 de outubro e terán lugar durante sete semanas e media, rematando o 5 de decembro. Por unha banda existen os cursos regulares, cunha duración de 30 horas, distribuídas en dúas sesións semanais, e pola outra os cursos especiais de conversa, de 15 horas.

Os prezos para os cursos regulares son de 120 euros para a comunidade universitaria e de 160 para o resto da cidadanía. En canto aos de 30 horas, custan 80 euros e 112, segundo ao colectivo ao que se pertenza.

Nesta quenda de outono o Centro de Linguas ofrece un total de 52 cursos, 36 no campus da Coruña e 16 no de Ferrol. Por idiomas, a maior oferta e de inglés, cun total de 25 sesións. En francés diez cursos, 8 de alemán, 5 de italiano e 4 de portugués completan as actividades formativas.

Ademais, os alumnos serán organizados segundo o seu nivel, existindo seis categorías: iniciación, elemental, intermedio, consolidación, avanzado e superior.

MELLORAR OS COÑECEMENTOS

A Universidade da Coruña puxo en marcha o Centro de Linguas hai un ano recoñecendo así a importancia de proporcionar á comunidade universitaria en particular, e ao conxunto da cidadanía en xeral, unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos de linguas estranxeiras.

A capacitación dos estudantes e dos docentes e investigadores en materia de idiomas permitirá unha maior mobilidade, contribuíndo así á proxección internacional da UDC. A aprendizaxe de linguas do entorno europeo responde ademais ás intencións da Comisión Europea, que no seu Libro Branco Ensinar e aprender: cara a sociedade do coñecemento (1995) estableceu entre os obxectivos fundamentais da educación en Europa o dominio de tres linguas comunitarias.

Durante o exercizo 2005-2006 o Centro de Linguas realizou xa catro convocatorias de linguas estranxeiras, correspondéndose coas estacións do ano, cun total 1200 alumnos. Organizou ademais actividades formativas de español e de galego para estudantes estranxeiros.

Contenido patrocinado