O CGAC acolle hoxe a presentación dun catálogo que recolle a traxectoria creativa do artista Xesús Vázquez

Actualizado: miércoles, 11 enero 2006 10:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá hoxe a presentación de' Xesús Vázquez. Not by usura: historia, lenda, memoria', catálogo que recolle a traxectoria creativa deste artista ourensán.

O escritor Xavier Seoane participará na presentación do catálogo que se fará no CGAC a través dunha charla coloquio a cargo dos dous autores galegos.

O catálogo, baixo o nome 'Xesús Vázquez. Not by usura: historia, lenda, memoria', trátase dunha mostra que expoñerá de forma "visible e intelixible" a traxectoria creativa deste artista, que xa conta cunha exhibición da súa obra no CGAC dende setembro de 2005.

Esta mostra centrarase nas series realizadas por Xesús Vázquez durante os dous últimos lustros. Ao mesmo tempo, esta exposición estará acompañada dunha escolma de obras anteriores que reprentan a obra do autor de xeito "especialmente significativo".