SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 Nov. (EUROPA PRESS) -
O anuncio do Ministerio de Fomento de permitir a Audasa unha subida do 3,1% nas peaxes da autoestrada AP-9 para 2018 está a xerar numerosas críticas entre os grupos políticos con representación parlamentaria en Galicia.
Así, o portavoz parlamentario popular, Pedro Puy, avanzou que o PPdeG analizará "con detemento" o impacto que terá a subida das peaxes da AP-9, que atribuíu a un acordo tomado "polo anterior goberno nacional" ao final do seu "mandato", e criticou o de Redondela.
O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou á Xunta que "negocie" co Ministerio de Fomento para que asuma os investimentos realizados na AP-9 e, así, evite a subida de peaxes prevista para o mes de xaneiro.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denunciou "o caro que lle resulta a Galicia a submisión de Feijóo a Rajoy primando os intereses do PP sobre os do país", unha "deslealdade" ao seu xuízo.
Finalmente, en Marea criticou que a Xunta permita a subida das peaxes da AP-9 mentres "os beneficios de Audasa non deixan de crecer", a pesar de ofrecer "o peor servizo das autoestradas do Estado".