Cruz Vermella e Unicef organizan en Santiago una mostra promovida pola ONU para dar a coñecer os Obxetivos do Milenio

Actualizado: martes, 17 enero 2006 14:18

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Ene. (EUROPA PRESS) -

Cruz Vermella e Unicef, coa colaboración do Concello de Santiago e do Centro Comercial Área Central, organizan a exposición 'As portas do Milenio', que se inaugurará o vindeiro mércores 25 para dar a coñecer á cidadanía, e especialmente aos escolares, os Obxetivos do Milenio.

A mostra consta de 16 esculturas que debuxan oito arcos e cada unha simboliza a un neno con grandes pés ancorados nos problemas do mundo, un corarón latexando con mensaxes de solidariedade e unha cabeza que, en forma de engrenaxe pensante, analiza de maneira intelixente como resolve-los problemas do mundo.

Deste xeito, Santiago de Compostela e a única cidade de Galicia que recibirá a exposición, incluída na campaña mundial desenvolta polas Nacións Unidas. A exposición estará instalada no Centro Comercial Área Central ata o 18 de febreiro.