A Deputación da Coruña publica o libro gañador da V edición do premio Raíña Lupa, 'Tonecho de Rebordechao'

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 3 enero 2006 18:03

A CORUÑA 3 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Deputación da Coruña e a Editorial Galaxia presentaron hoxe o libro 'Tonecho de Rebordechao', de Breogán Riveiro, gañador da V edición do premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa que convoca o organismo provincial. A Editorial Galaxia editou 5.000 exemplares do libro, publicado dentro da súa colección "Arbore".

Na presentación, o responsable de Cultura do organismo provincial, Celestino Poza, explicou que o premio, que ten unha periocidade bianual e que se convocará de novo este ano, pretende "incentivar a creación literaria neste campo" e tamén a lectura dos máis mozos. Pola súa banda, o coordinador do premio, Xavier Docampo, asegurou que 'Tonecho de Rebordechao' é un libro "moi divertido" e invitou aos pais a compartir a súa lectura cos seus fillos. Destacou tamén os elementos do actual mundo rural que se recollen nesta obra.

Mentras, o editor, Xosé Antón Neira Cruz, afirmou que baixo o humor que caracteriza o libro "hai toda unha reflexión sobre a situación do agro galego", indicou en alusión o feito de que en moitos pobos xa non hai nenos ou moi poucos como ocurre no caso da historia de Breogán Riveiro.

O autor sinalou que o seu obxectivo ao escribir esta historia foi "pasalo ben" e que tamén o fisexen os lectores. Explicou, ademáis, que unha visita que fixo a localidade ourensana de Rebordechao por motivos de traballo, determinou que ao final a historia acontecese neste lugar.

"A aldea en sí e as historias que a rodean se fixeron protagonistas", indicou o autor para aludir a importancia que adquiriu esta localidade na súa obra , que a Deputación da Coruña distruibirá en breve nas bibliotecas da provincia da Coruña e posiblemente nas de Galicia.

Contenido patrocinado