O espectáculo de monicreques 'Galiza Máxica' traerá dende hoxe as lendas populares galegas á Alameda de Santiago

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 7 agosto 2006 11:51

SANTIAGO DE COMPOSTELA 7 Ago. (EUROPA PRESS) -

O espectáculo de monicreques 'Galiza Máxica', creado por Marcelino de Santiago (Kukas), traerá dende hoxe á Alameda de Compostela as lendas populares galegas.

As actividades xirarán en torno a lendas galegas e personaxes populares, segundo a organización, "moi sinxeras, para que as comprendan xentes de tódalas procedencias". Ademáis, as actuacións se desenrolarán pola noite "porque é un espectáculo moi máxico".

O creador do acto, Marcelino de Santiago (Kukas), lamentou a "pérdida destas lendas que os maiores lembran e os nenos non coñecen" e recalcou que o seu obxectivo e "inculcarlle á poboación galega e foránea a nosa cultura".

Kukas tamén quixo lembrar que é preciso atopar lugares alternativos onde realizar espectáculos, "non sempre na Praza da Quintana" e reclamou a potenciación de "sitios moi axeitados para iso como carballeiras, alamedas ou veigas".

A representación 'Galiza Máxica', realizada íntegramente con monicreques de grande tamaño fabricados pola propia compañía, terá lugar hoxe, e os días 8, 9, 16, 17, 21, 22 e 23 de agosto ás 22.45 no paseo da Alameda de Santiago no caso de que o tempo sexa favorable e trasladarase ó Teatro Principal se chove.

Contenido patrocinado