Evacuado en helicóptero un home ferido nun accidente de tractor en Manzaneda (Ourense)

Archivo - Helicóptero do 061 con base en Santiago.
Archivo - Helicóptero do 061 con base en Santiago. - CEDIDA/EP - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 6 enero 2023 19:45

   OURENSE, 6 Ene. (EUROPA PRESS) -

   Un home tivo que ser evacuado en helicóptero este venres despois de sufrir feridas nunha perna nun accidente co tractor que conducía en Manzaneda (Ourense).

   Segundo informa o 112 Galicia, ao home cravóuselle a punta da máquina coa que recollía rolos de herba e Protección Civil tivo que cortala cunha radial.

   Ocorreu ao fío das 13,30 horas nunha leira do lugar de Cimadevila. Nese momento, o 112 recibía a alerta do sinistro a través da chamada dun particular.

   Seguidamente, a central de emerxencias derivou o aviso a Protección Civil, á Garda Civil e a Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para evacuar ao home até o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Contenido patrocinado