Expertos reúnense en Santiago nun curso sobre datos nucleares aplicados á transmutación de residuos radiactivos

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 7 junio 2006 20:02

SANTIAGO DE COMPOSTELA 7 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Grupo Experimental de Núcleos e Partículas do Departamento de Física de Partículas e do Instituto Galego de Altas Enerxías da Universidade de Santiago (USC) organiza no Centro de Estudos Avanzados un curso internacional sobre datos nucleares aplicados á transmutación de residuos radiactivos.

Na reunión participan dende hoxe mércores e ata o vindeiro sábado, día 10, expertos de Alemaña, Bélxica, Estados Unidos e España que impartirán cursos aos 25 participantes provenientes de centros de investigación e universidades europeas.

O curso enmárcase dentro do proxecto Eurotrans do VI Programa Marco europeo e nel se discutirán aspectos novedosos sobre a transmutación dos residuos radiactivos de longa e media actividade en residuos de vida media curta ou incluso non radiactivos, empregando reactores asistidos por un acelerador (Accelerator-driven systems).

A irradiación dos residuos radiactivos de alta actividade e vida media longa con neutróns rápidos permite transformar estes residuos en núcleos con vidas medias máis curtas, idea que deu lugar ao comezo dos noventa ao concepto do reactor asistido por un acelerador (ADS), segundo explicou a organiación.

REACTOR DE FISIÓN

O ADS é un reactor de fisión subcrítico acoplado a un acelerador de protóns, que permite xerar fluxos de neutróns importantes cos que irradiar o núcleo do reactor onde se localizan os residuos que se queren eliminar.

Na actualidade a Comisión Europea, Estados Unidos, Xapón, India e Corea financian programas de investigación que permitan desenvolver o concepto do ADS para contribuir a resolver a cuestión dos residuos radiactivos, principal problema actual da enerxía de orixe nuclear.

Un dos aspectos clave nestes programas de investigación son as medidas precisas das seccións eficaces das reaccións que dan lugar tanto á produción de neutróns como á transmutación dos residuos, pronicipais asuntos que estes tres días se tratan en Santiago.

Contenido patrocinado