A CORUÑA 12 Ene. (EUROPA PRESS) -
O deputado responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza, inaugurará hoxe, ás 20.30 horas, no Centro Cultural "A Fábrica" de Perillo, en Oleiros (A Coruña), a exposición 'Jazz: diálogo entre culturas'.
A mostra está organizada pola institución provincial e unha vez rematado o acto terá lugar un breve concerto de jazz a cargo da formación Pablo Seoane Trío.
Esta exposición é a continuación de 'Historia da música jazz' que a Deputación da Coruña promoveu en anos anteriores, repasando a historia deste xénero musical dende o seu nacemento ata as grandes figuras do jazz dos anos 60.
Nesta ocasión realizase un repaso ao panorama do jazz máis actual. O argumento expositivo desenvolvese a través de catro grandes bloques estilísticos: Free Jazz, Neoclasicismo, Jazz Fusión e Jazz Étnico desde a década dos sesenta aos noventa.
A mostra, de carácter itinerante, percorrerá tamén nos vindeiros meses os concellos de A Baña, A Laracha, Ames, Coirós, Miño, Mugardos, Negreira, Sada e Toques.